wireless!

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en wireless!

A denuncia ecoloxista en internet. Pico Vello.

El Escarabajo Verde de Tve2 emitiu esta semana o documental Una mina en Pico Vello. Grazas á súa web podemos velo en calquera momento.

Este documental é un grande apoio ao duro traballo de ecoloxistas da zona, que desde hai anos están a usar internet como medio de denuncia, ante a imposibilidade de facelo mediante outras canles. Unha mina a ceo aberto na fraga de Pico Vello tería grandes consecuencias medioambientais, non só pola destrucción da flora e fauna nesa zona concreta, senón porque afectaría ao nacemento do río Belelle, e por conseguinte, habería un grande impacto tamén sobre o Parque Natural das Fragas do Eume, que están a tan só 50m. Atopáronse moitos erros no informe de impacto ambiental, mais a administración parece querer ollar a outro lado.

Xa en 2007 comezou a denuncia neste blog. Nestoutro creouse un noticiario. E hai nada, froito dun Curso de Vídeo Participativo impartido pola ong ACSUR en colaboración coa Asociación Fuco Buxán, hai unha curtametraxe chamada Minar, que ACSUR subiu á plataforma Vimeo e tamén se pode ver neste blog creado co fin de difundilo.

Facebook tamén está a ser usado para espallar toda a información.

Hai moito silenzo ao respecto pero hai tan só dous meses a empresa solicitou unha axuda ao Plan Ferrol de 7 millóns de euros. De concederse esta axuda, con diñeiro público estaríase a danar un parque natural cheo de recursos, a cambio de 20 ou 30 postos de traballo (as informacións non son claras)  durante só 12 anos.

E despois que?

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en A denuncia ecoloxista en internet. Pico Vello.

e máis amigos nos medios…

Entrevista a Patricia Rodríguez, soprano, antes da súa incrible actuación o sábado no teatro Jofre de Ferrol. Qué grande eres!!! te quiero!!!!

E outros ferroláns, Carrero Bianco, van tocar en Madrid. Aquí a reseña en Shangay! E hai nada publicouse unha crítica no suplemento cultural de El Mundo. Teñen cinco estrelas, como George Michael 😛 Ah! pódese descargar o disco Oferta de Lanzamiento gratis en A Regueifa.

Ferrol, onde non pasa nada e pasa todo!

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en e máis amigos nos medios…

Analizando claves do éxito de Facebook

Sen dúbida estou no grupo “adictos” yeah!

Mentres, desde Alemaña, a miña amiga Alba reflexiona sobre a comunicación virtual...

Publicado en PEC3 | Comentarios desactivados en Analizando claves do éxito de Facebook

turismo e internet

Estiven discutindo o futuro da axencias tradicionais con Natalia, que ten unha… ao contrario do que tiña imaxinado eu, ela pensa que en dez anos haberá máis, que hai estudos e tal… Despois disto eu fico totalmente confusa 🙂

PD: o meu left-green-thinking tampouco me deixa pensar con obxectividade…


Publicado en PEC3 | Comentarios desactivados en turismo e internet

Na procura de billetes (III)

A miña amiga Natalia ten unha axencia de viaxes. O prezo que me ofrecen alí (sen ningún tipo de desconto por ser amigas e tal e cual) para ese mesmo destino e data é 1198€, viaxando con Iberia, prezo final.

Respondendo ás preguntas do guión de práctica podo dicir que a axencia só foron 41,29€ máis que lastminute e 26,79€  máis que expedia e teño moitas dúbidas sobre que servizo elixir.

Sendo un billete para unha longa distancia e tendo que investir bastante diñeiro é tentador ficar coa axencia de viaxes física. No sentido de que ofrece unha seguridade “psicolóxica” inexistente nas webs. Tes unha cara, nome e apelidos, unha tarxeta co teléfono da axencia e mesmo un móbil.

Para decidirme vou ver a facilidade que ofrecen as dúas webs para contactar co servizo ao cliente. En Expedia podes contactar por mail (cuestionario) e por teléfono: Número de teléfono: 912 75 74 01. Lunes-Viernes de 9:00 a 21:00 h, Sábado, domingo y días festivos de 10:00 a 17:00 h

En lastminute pasa o mesmo. Pódese contactar por mail (cuestionario) e por teléfono:

No te olvides de tener tu número de compra o referencia a mano. Horario: Lunes a Viernes de 9a 21h. Sábados,Domingos y festivos de 10a 19h. El coste de nuestro servicio telefónico es de: Desde fijo el establecimiento de llamada: 0,083€ H.Normal, lunes-viernes: 0,067€/minuto (de 9a 20h) H.Reducido: 0,040€/minuto (resto del día) Desde móvil el establecimiento de llamada depende del operador. H. Normal: 0,2855€ (de 9a 20h) Horario Reducido: 0,1584€ (resto del día) Te informamos que para prestar un mejor servicio algunas llamadas pueden ser grabadas.

Mmmmmmmmmm non está mal o que me ofrecen eles tamén…. Eu estou acostumada a comprar os billetes de avión sempre online. A única vez que comprei nunha axencia foi un paquete a Lanzarote. Daquela non foron cuestións económicas (saiame ao mesmo prezo que en varias webs) pero decidinme pola axencia tradicional porque me informaran moi ben sobre que hoteis eran mellores (eles saben as opinións dos seus clientes) que zona da illa era a que máis atendía ao que eu procuraba, déronme información sobre compañías para alugar coche, etc Polo mesmo prezo que unha web tiven información extra e aforrei moito tempo procurando esa información por min mesma.

Sendo agora un simple billete, non sei con quen ficar… Pero as preguntas do guión si podo contestalas:

¿Has ahorrado tiempo, dinero y esfuerzo en la agencia de viajes? Sen dúbida aforrei tempo. No meu caso a axencia está a 5 min a pé da casa e atoparon o meu billete en outros 5min. En canto a esforzo, moitísimo. Na axencia saben que compañías voan a cada aeroporto, que aeroportos están máis cerca da cidade… Do diñeiro, é o que comentei antes.

Vou pensalo 🙂


Publicado en PEC3 | Comentarios desactivados en Na procura de billetes (III)

Primeiras lecturas PEC3

Primeiras lecturas:
Tutorial sobre Comercio Electrónico de CESGA


Publicado en PEC3 | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Primeiras lecturas PEC3

Pero antes….

…antes vou darme unha volta polos blogs dos meus compañeiros.

Os cursos online teñen moitas vantaxes pero o grande problema de non coñecer xente en persoa, que é o que máis boto de menos dos meus anos universitarios. Cada seminario, cada curso, era coñecer xente cos teus mesmos intereses.

Un saúdo a todos/as!

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado | Comentarios desactivados en Pero antes….

Comezamos a terceira práctica!

A finais do ano pasado tireu o título de Técnica en desenvolvemento de negocios on-line (e-business) da FEGA Ocupacional Xunta. Vamos ver o que isto me axuda nesta terceira práctica de Fundamentos Tecnolóxicos das TIC.

Polo que vexo teño que ler un par de novas acerca do comercio online en diferentes xornais, estudiar un par de termos para manexar vocabulario relacionado co e-business e experimentar con webs relacionadas con turismo e viaxes. E tirar conclusións, por suposto.

Despois teño qu adentrarme no mundo de Farmville (facebook) Eu que levo tanto tempo resistíndome a entrar no xogo, ignorando centos de convites cada día no meu facebook 😉 ….

Veña, alá vamos!

Publicado en PEC3 | Etiquetado | Comentarios desactivados en Comezamos a terceira práctica!

FirmaTractis

Todo ok!

Publicado en PEC2 | Etiquetado , | Comentarios desactivados en FirmaTractis